Asesoramento

Unha das razóns de ser do CIMA e o asesoramento técnico-científico, tanto á administración como ós sectores involucrados na xestión e explotación dos recursos mariños renovables.
O asesoramento realízase participando en comisións creadas para resolver problemas puntuais, asistindo a reunións que precisen de expertos, emitindo informes con datos e opinións baseadas en estudios científicos, ou atendendo a calquera outra demanda da administración

Participación en comisións

Para ve-los datos dos anos anteriores, revisa-las memorias.

Participación dos investigadores do CIMA en comisións científicas ou técnicas durante o ano 2007.

Fuentes González, J.M.
Participación, como técnico asesor da CPAM, en dúas reunións de coordinación da campaña de extracción de semente de mexillón. Lugar de celebración: Centro de Investigacións Mariñas de Corón (Vilanova de Arousa, Pontevedra).

Molares Vila, J.
Reunións de coordinación do proxecto EROCIPS. Oporto e Vigo.

Molares Vila, J.
Reunións de planificación dos planes de explotación de “Lombos do Ulla” e “O Bohído”. Carril.

Guerra Díaz, A.
Coordinador do obradoiro de traballo sobre “solénidos comerciais: bioloxía, cultivo e pesquerías”. Illa da Toxa.

Sánchez Mata, A.
Participación en reunión, na DXRM para mostrar os resultados dos plans de recuperación de Lombos do Ulla e O Bohído.

Sánchez Mata, A.
Participación nunha reunión na Delegación de Carril da CPAM para o deseño da campaña marisqueira en Lombos do Ulla e O Bohído.

Sánchez Mata, A.
Participación en reunión na Delegación de Carril da CPAM para valorar a evolución da campaña marisqueira en Lombos do Ulla e O Bohído.

Sánchez Mata, A.
Participación en reunión na Delegación do Carril da CPAM cos Patróns Maiores de Confrarías de Pescadores de Arousa para discutir o plan de explotación do Bohído.

Sánchez Mata, A.
Participación nunha reunión na Delegación de Carril cos Patróns Maiores de Confrarías de Pescadores para discutir a apertura da Zona II do Bohído e o peche do banco do Bohído no mes de xaneiro 2007.

DXRM. Villalba García, A.
Participación nunha reunión sobre “Análise do novo marco legal sobre sanidade animal”. DXRM.

Villalba García, A.
Membro da Comisión Permanente da Rede Galega de Biotecnoloxía en Acuicultura (ReGABA).

Martínez Patiño, D.
Xestora de RecursosMariños dos proxectos sectoriais do I+D de Galicia.

Guerra Díaz, A.
Representante da CA de Galicia na Comisión de Seguemento de Planes Nacionales JACUMAR. Secretaría General de Pesca. Madrid.

© Centro de Investigacións Mariñas (CIMA)
Pedras de Corón, s/n - Vilanova de Arousa - Pontevedra  |  Telf. 886 20 63 64 - Fax 886 206 372
Xunta Consellería de Pesca