Asesoramento

Unha das razóns de ser do CIMA e o asesoramento técnico-científico, tanto á administración como ós sectores involucrados na xestión e explotación dos recursos mariños renovables.
O asesoramento realízase participando en comisións creadas para resolver problemas puntuais, asistindo a reunións que precisen de expertos, emitindo informes con datos e opinións baseadas en estudios científicos, ou atendendo a calquera outra demanda da administración

Informes emitidos

Para ve-los datos dos anos anteriores, revisa-las memorias.

Informes emitidos por investigadores do CIMA no ano 2007.

Abundancia larvaria do mexillón nas rías galegas. Autor: Fuentes González, J.M.

Estado reprodutivo das poboacións de longueirón (Ensis siliqua), na Lanzada (O Grove), Pontevedra. Autor: Guerra Díaz, A.

Estado reprodutivo da poboación de navalla (Ensis arcuatus), na praia de Barra (Cangas), Pontevedra. Autor: Guerra Díaz, A.

Solicitude de autorización temporal con carácter experimental para cultivo en suspensión e depuración da toxina ASP na vieira (Pecten maximus). Autor: Blanco Pérez, J. C.

Fases e cronograma que abrangue un ciclo vital das especies de moluscos bivalvos obtidos de posta inducida en criadeiro. Autor: Guerra Díaz, A.

Situación e competencias da CA de Galicia en materia de investigación pesqueira e do medio mariño. Autor:Guerra Díaz, A.

Informes para Plans de Pesca das Confrarías de Pescadores de: Vigo; Bueu; Cambados; Malpica e Camelle; Camariñas, Laxe, Corcubión e Corme; Muxía; A Coruña; Ferrol; Cedeira, Cariño e Burela. Autor: Rodríguez Moscoso, E.

Estado dos recursos mariños na Ría de Ares-Betanzos e avaliación das implicacións de extracción de áridos no marco do Proxecto de Actuación Medioambiental na Ría de O Pedrido (A Coruña). Autor: Rodríguez Moscoso, E.

O custo económico aproximado para a instalación de arrecifes artificiais en módulos removibles nas rías de Ares e Betanzos (A Coruña). Autor: Rodríguez Moscoso, E.

O estado das pesqueiras artesanais na zona comprendida entre Os Netos e Punta Roncadoira da Ría de Celeiro en relación coa posible instalación de arrecifes artificiais (Lugo). Autora: Rodríguez Moscoso, E.

Informe sobre o estado das poboacións de bivalvos comerciais no banco do Bohído. Autora: Sánchez Mata, A.


Informe sobre o peche de O Bohído. Autor: Sánchez Mata, A.

Detección de Bonamia exitiosa en ostras Ostrea edulis cultivadas na Ría de Arousa. Autora: Villalba García, A.

Informe con respostas a preguntas formuladas en relación coa detección de Bonamia exitiosa en ostras Ostrea edulis cultivadas na ría de Arousa. Autor: Villalba García, A.

Detección do protozoo parasito Bonamia exitiosa (Haplosporidia) en ostras planas Ostrea edulis cultivadas en Galicia (NO España). Autores: Villalba García, A.; Abollo Rodríguez, E.

© Centro de Investigacións Mariñas (CIMA)
Pedras de Corón, s/n - Vilanova de Arousa - Pontevedra  |  Telf. 886 20 63 64 - Fax 886 206 372
Xunta Consellería de Pesca